Me extraña que nadie lo haya comentado por aquí y eso que ya vi al compañero arcade metiéndole caña a quecheparece en el blog :) Primero corto y pego el comunicado del blog (está en galego):
--------------------------
A túa televisión R, tamén dende móbil, portátil e PC mércores 30 abril 2014
Ola a todos. Xa temos lista a posibilidade de ver a televisión R en dispositivos como un teléfono móbil, un portátil ou un PC. Xa tiñades algunha canle online (poucas), pero a cousa dá agora un salto importante.
Sodes bastantes os clientes que nos levades preguntando dende hai tempo por esta opción. E aquí a tedes, porque xa está dispoñible dende hoxe. "Que? Como? Hoxe? Agora? Así, sen máis?" Pois si. Sempre estamos a traballar para mellorar o servizo, e aquí tedes o exemplo. Como preferimos comunicarvos as cousas cando xa están listas, pois xa podedes fedellar no servizo, para que vaiades directos á práctica ;)
Iso si, antes de que comecedes a festa, temos que dicirvos que se trata dun servizo en beta. É dicir, está en probas precisamente para que nos vaiades contando melloras, cousas que cambiariades no uso, etc.
Canto custa? Pois só vos custará 3€/mes. Que non, é broma, era para asustar ;) Non hai que pagar nada máis, xa que vai incluído no servizo que tedes da vosa televisión R. Comezamos cunha serie de canles, 19 polo de agora. Se tedes contratado algún paquete coa televisión R, poderedes ver as canles que estean no voso servizo.
Como se accede? Podedes entrar a través de tv.mundo-R.com pero estamos a darlle unha volta á web de clientes para que atopedes todos os servizos dun xeito doado. Así que no novo deseño podedes entrar a través do botón de 'televisión'.
Que calidade de emisión hai? Estamos a emitir as canles cunha calidade de 2Mbps, pero hai distintas resolucións e podedes baixar a calidade segundo o dispositivo ou o tipo de conexión que teñades. Hai unha canle que se ofrece en alta definición, que neste caso é Eurosport, porque os deportes agradécense máis en HD. No resto de casos optamos por algo que poida soportar perfectamente unha conexión wi-fi para que así non haxa moitos problemas á hora de visionar a canle. Agora, non recomendamos tirar do 3G, porque vos fundiría a plan de datos en nada. De feito, se vos conectades vía internet móbil, aos 5 minutos da conexión o servizo xa vos sacaría fóra para evitar disgustos ;)
Máis cousiñas. A emisión inclúe a opción de escoitar a versión orixinal. Dentro do voso fogar permítese que haxa ata cinco usuarios conectados ao servizo (podedes crear usuarios delegados na web de clientes) de forma simultánea e non hai límite de tempo. Fóra da casa é outra cousa, porque isto é un servizo complementario da televisión R, non substitutivo. Aínda así, fóra da casa, tedes dispoñibles 7 horas cada mes. Cando esteades na casa na que tedes contratada a televisión R, non hai límite de tempo.
Isto é un inicio, o punto de partida, así que tede claro que irán chegando máis cousas, xa que no futuro incluirá máis canles e tamén o rebobina.
Por último, podedes botarlle un ollo a todas as preguntas e respostas que elaboramos sobre este servizo e tamén ás recomendacións técnicas por equipos, xa que en certas versións de Android non todos os navegadores son válidos para este servizo.
E agora toca botar man do portátil, do móbil e da tablet e comezar a ver a vosa televisión R. Veña, bulide e dicídenos que tal!
Un saúdo!"
------------------------------
En mi caso la lista de canales la componen: Eurosport HD (el único en HD), Hollywood, TCM, FOX, AXN, TNT, Calle13, Syfy, Fox Crime, Paramount Comedy, Cosmo, National Geographic, Canal de Historia, Disney Junior, la1, Antena3, cuatro, Telecinco, laSexta. Una parrilla bastante completita en mi opinión.
Y ahora los "peros", lo del limite de 7 horas de acceso FUERA DE CASA (dentro del hogar no hay límite) como algunos le recriminan a quecheparece esto es un impedimento grande para gente que tenía pensado usarlo como tele alternativa de fin de semana o de vacaciones, por otra parte comprendo la argumentación de evitar la picaresca porque conozco muchísima gente que tiene D+ cede su claves de Yomvi a un familiar y así el pariente disfruta de los partidos (colapsos y pixeles como puños incluidos :D ) todos los domingos.
Pero bueno alguna solución tiene que haber que no sea la simple limitación a 7 horas, no se me ocurre cual porque en el caso que os menciono limitar a una unica IP simultaneamente no funcionaría, el usuario original se conecta por el decoder, pero bueno seguro que a algún cerebro pensante se le ocurre una solución mejor.
Por lo que he podido probar aun estando el servicio en fase beta va verdaderamente bien, anuncian más canales e incluso el Rebobina para más adelante y siendo gratuito me parece un producto muy interesante, de hecho reconozcámosle incluso algo de canibalismo porque cuando comente esto sé de algún caso que va a devolver el decoder adicional pero bueno al margen de lo que puedan perder por esto era un movimiento que R tenía que hacer cuanto antes.