R, o operador galego do cable, terá que indemnizar ó avogado compostelán Carlos Castro Álvarez con 417,75 euros por deixalo sen servizo telefónico durante unha mañá, segundo unha sentenza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de A Coruña.
A maxistrada, María del Carmen Gámiz, considera que R procedeu de xeito incorrecto por reclamar ó demandante unha factura que fora aboada e, asemade, non informara ó mesmo por correo certificado ou telegrama con 15 días de antelación (como establece o contrato) de que lle ía a privar da súa liña telefónica.
R xa procurara compensar ó denuncian con 11,75 euros, o que se considerou cantidade insuficiente para sufragar os danos e prexuízos, que se valoraron en 400 euros (ós que había que engadir 17,75 euros dun burofax que remitiu o avogado ó operador de cable).