produtos e servizos de R que van chegar durante este verán.
En primeiro lugar, as novas tarifas de móbilR, coincidindo co lanzamento do plan de financiamento (pagamento a prazos) de móbiles. Así que dende o 1 de agosto, as tarifas que imos ter dispoñibles son as seguintes:
- tarifa 5: inclúe 200 minutos durante as fins de semanas, chamadas a 5 cent./min.+IVE durante a semana a calquera fixo ou móbil nacional, sms a 9 cent+IVE e, se un día queres navegar por internet, por 1€/día+IVE tes 100MB. A cota é de 6€/mes+IVE.
- tarifa 0: conta con chamadas a 0 cent./min. a todos os fixos e móbiles nacionais (cun establecemento de 15 cent.+IVE), sms a 9 cent.+IVE e 500MB para navegar (ao superar o límite redúcese a velocidade coma sempre). A cota é de 9€/mes+IVE.
- plana 15: dispón de 250 minutos a calquera fixo ou móbil nacional, 100 sms e 1GB de datos (non se cobra o exceso). A cota é de 15€/mes+IVE.
- plana 20: inclúe 600 minutos/mes a calquera operador nacional, 300 sms e 1,5GB (o exceso non se cobra). A cota é de 20€/mes+IVE.
- plana 30: ten 1.000 minutos a calquera fixo ou móbil nacional, 400 sms e 3GB para navegar (superado o límite, a velocidade redúcese). A cota é de 30€/mes+IVE.
Como vedes, tratamos de simplificar as tarifas e de crear distintos consumos segundo o que cada un necesite. É imposible facer tarifas á carta, pero a idea é que haxa opción tanto para os que menos usan o móbil como para os que máis chaman e navegan. De todos os xeitos, estas tarifas serán para as novas altas e para os que desexedes cambiarvos, polo que se preferides seguir coa vosa tarifa de sempre, non hai problema, porque segue a descontar tamén no combo.
Estas novas tarifas aplican para o novo modelo de financiamento. A idea é centrarnos nos servizos e ofrecer maior facilidade para acceder a todo tipo de terminais, en lugar de asociar a tarifa unha tarifa moi moi alta a un terminal a custo 0€. Teremos móbiles básicos dende 2,5€/mes+IVE ata outros de gama media por 4€/mes+IVE e outros xa máis avanzados como o Galaxy S III mini por 10€/mes+IVE. A idea, como digo, é que co financiamento poidades acceder dun xeito máis sinxelo aos terminais máis potentes. Ademais, na primeira factura tras a alta ou renovación haberá descontos entregando o vello terminal ou co plan de puntos. Iso si, o móbil podédelo mirar en R ou ben libre en calquera tenda ou plataforma de internet. Botade contas e escollede a vosa mellor opción ;)
Por último, comentar que tamén haberá cambios nos combos fixos. Superamos xa as 275.000 liñas de móbilR. Cada vez sodes máis os que queredes aforrar e tedes o fixo e móbil con R, polo que agrupades todos os servizos nunha mesma conta. Deste xeito, o que imos facer é cambiar os 300 minutos a móbilR por 1.000 minutos ao mes aos móbiles R da vosa conta (cun máximo por chamada de 60 minutos, pero pódese colgar e volver chamar).
Así poderedes aproveitar máis as vantaxes de ter todo con R e aforrar cando estades na casa, chamando dende o voso fixo aos vosos números. De todos os xeitos, como é un cambio nas condicións do combo, se a alguén non lle gusta este cambio, como é lóxico, pode resolver o contrato, aínda que cremos que é unha mellora porque a maior parte das chamadas, polo que vimos, se fan aos números da mesma conta.
Xa vedes que hai un feixe de novidades, así que aquí estamos para comentar o que queirades.
Un saúdo.