Ola,
Non son usuario de R, pero me cambiaría se puidese facer isto: Tanto no piso da cidade como na casa na aldea, teño cobertura directa para R. Durante a semana vivo no meu piso e o fin de semana e vacacións vou para casa da aldea, onde só teño teléfono fixo con Telefónica. Quero saber se é posible ter contratado R nos dous sitios, no piso con internet e na aldea só teléfono, e levar comigo o cable-modem para usalo onde estea. Deste xeito só pago unha conexión a internet pero a podo utilizar onde vaia.
Chamei a R para consultalo e depende quen me atendese, daba unha resposta ou outra: que non, que haberá que consultar aos técnicos pero sen resposta, etc.
Gustaríame saber se alguén utiliza este sistema.
Quizais na casa da aldea tería que poñer o primeiro ano internet e despois dalo de baixa, para que R deixara a instalación en condicións de conectar o cable-modem.
Gracias.