BandaAncha.eu

  • 🔍 en 📰 artículos ⏎
  • 🔍 en 💬 foros ⏎
  • 🔍 en 👇 este 💬 foro ⏎
  • 🔍 en 👇 este 💬 tema ⏎
Regístrate Regístrate Identifícate Identifícate
Fijo

Ultimamente estase a falar moito do que R ofrece ¿E, se falamos de TV?

Xos
1

En relación os canais, isto é un tema moi persoal de cada quen, haberá xente que prefira canles de música, outros deportes, cine, documentais etc. , os que non lle gustan os documentais The Biography Channel é unha merda, para outros Fox é una trapallada, porque non lle gusta Perdidos, aos nenos todo é unha tonteria, excepto os debuxos animados Pocoyó… Pocotú…, para min, os canais "musicais" ou os "Deportes (Fútbol)" son unha puta merda, menos algún vídeo de VH1 Classics (agora MTV Classic, e que na revista R poñen como novo!) gústame a música... as películas pero iso ten coste extra, para isto existen os Combos…, sí en 98 canles, 120 coas PPV, as 6 musicais de SonR, e 17 radios, non son quen de contentar a maioría dos clientes mal imos, 98 canles... quédanme moitos por dicir… para alguén serán unha puta merda, pero eu dependo da nómina e os dedos para manexar o mando, (coando non mo quitan!!).

O realmente importante seria que se deixasen de desculpas e que dunha vez puxeran as canles que máis demandan os abonados de R: Fox Crime, SyFi, MGM, Cultural.es, Russia Today, como fan en Digital+ e Imagenio, simplemente porque os clientes os demandan.

Logo, para min, as autonómicas eran unha puta merda, ata que descubrín TPA agora a merda é Telegaita, tampouco son unha marabilla as locais, pero qué lle imos facer, nonas vexo e punto, pero aí están para quen as queira. Que ocorre coas locais, porque Correo TV pode verse en toda Galicia en DVB-C , e non Localia (A Coruña e Santiago), 7 Canal Rías Baixas (Ribeira, Vilagarcía), TeleLugo (Lugo), TeleMiño (Ourense), Dez TV (Lalín)?? Ou TVE (HD) en probas dende A Coruña, Cultural.es, V televisión co fará en breve, inda que a xulgar pola paxina web esta máis morta ca propia R.

O operador de cable R emite en aberto algúns dos seus canles en DVB-C (Emisión dixital por cable), é dicir, os canles que ven os clientes de Combo2 e ComboR co descodificador de R, algúns deles non están encriptados (codificados), o que permite a recepción libre a través dun descodificador externo para DVB-C ou un televisor con sintonizador DVB-C integrado, a calidade é boa excepto RTP, TeleSur, Cubavisión, Canarias e nalgún canle con algo de movemento deportes ou así. Notase como unha pequena perdida. Aquí faltarían as internacionais, EuroNews e CNN internacional, e as locais que non sexa Correo TV.

R tamén foi engadindo progresivamente a súa rede os canles da TDT, (DVB-T), é dicir, os mesmos canles que podemos ver na Televisión Dixital Terrestre, incluídas as locais de cada sitio, e despois de ter probado, non é que se vexa mellor que a terrestre precisamente, incuso na miña casa cun repartidor dende o modem vexo regular os mux de Tele5 e Cuatro (pixelación, conxelación de imaxe etc…) 25% de sinal e 100% de calidade.

Por outra parte R segue a emitir canles en analóxico como ata agora (non Dixital), inda que non inclúe Neox, Nova nin Popular TV Galicia, e sen emisión 16/9 en ningúnha canle …

Entón, ¿Cómo se ven os canles en aberto con R ?

En analóxico (Calquera Televisor)

DVB-C (Televisores con sintonizador DVB-C)

DVB-T (Televisores con TDT integrado, ou con descodificador TDT externo)

O resto da televisión so con descodificador de R, un tema no que terán que dar un empuxón, siguen tendo o mesmo euroconector que tiñan os VCR e televisores de fai 20 años…, setembro e cando nos din os de R teremos un descodificador en HD, calculemos que aló polo 2012, cando tódolos abonados teñamos televisión en HD, tal e como están a facer coas novas velocidades de Internet. Hoxe xa emiten en probas Canal Sur, Tele Madrid, Aragón TV, TV3, Canal 9, 7RM nas distintas autonomías, TVE (HD) en probas en A Coruña, e 10 canles en Digital+ con plan de duplicarse neste 2010.

Agora farán o cambio de tarxetas a Nagra 3, e seguimos sen tarxetas para recibir tódolos Combos en televisores con DVB-C e ranura CAM incorporada, así poderiamos contratar calquera dos paquetes que ofrece R pero sen alugar o descodificador desfasado.

Pero eu, non aspiro a iso, confórmome con outra TV local ou internacional en DVB-C, e que sustituan as que cesan nas emisións de R, RTBF e People Arts , e iso para logo ir dicindo por aí que R ofrece centos de canles.

Por certo cal é a posición de R ante o despegue da 3D TV… inda que en España con algo de retraso, este fin de semana xa emitiron en probas polo Hispasat, e neste mes empezan a comercializarse os primeiros modelos de televisores nesa tecnoloxía, e parece que teñen interese de iniciar en probas en 3D no 2010: Mediapro, Aragón TV, TV3, Onda 6 e Canal +, fai nada as emisións en Alta definición parecían algo do futuro e xa temos a 3DTV sen o paso pola HD… nuns momentos en que case tódalas comunidades autónomas anímanse a incluíla. Noutros países, a BBC aposta pola emisión dos Xogos Olímpicos do 2012, Sky TV e ESPN tamén apostan, e na actualidade Fox emite algunha competición deportiva como a NBA ou a NFL boxeo etc… e Canal+ Francia tamén anda a lanzar o 3D…??

De tódolos xeitos como dixen, eu non podo opinar moito deste tema xa que teño TV de R sen cuotas e agradecese que poñan canles gratuítos e cantos máis mellor, cada un valorara si lle interesa ou non este tipo de canles (a min moito).

Saúdos

Este tema está cerrado a nuevas respuestas. Abre un nuevo tema para retomar la conversación.
majara
-1

Tu post me parece la mar de interesante, pero paso de leerme semejante tocho en gallego. Te aseguro que lo he intentado y que soy el primero en respetar tu lengua.

Pero no soy capaz de pasar del primer parrafo. Me aturrullo y me dan temblores

Y es que el menda es extremeño...........y ha estudiado lo justito

Saludetes :) :D

🗨️ 4
majara

Puedes utilizar la herramienta de google y escoges el gallego en origen y destino español.

El gallego no es muy complicado. saludos

Vale, pero si quieres que un post sea leido y comentado por la mayoria d ela gente, se deberia escribir de forma que llegue al mayor numero de usuarios. Asi, lo unico que se consigue es perder el tiempo. Y a las pruebas me remito. NADIE se ha molestado de momento en responder al post original, hablando del tema del mismo. Por tanto creo que el creador del hilo ha perdido el tiempo, posteando en su lengua (repito que con todo el derecho del mundo y con todo mi respeto).

Y sigo repitiendo que el tema del post original me parece muy interesante, pero no voy a utilizar el google para traducir nada. Hasta ahí ibamos a llegar, a tener que utilizar herramientas de traduccion para enterarme de lo que dice un tio con el que, perfectamente, podria entenderme en una lengua comun (o en ingles, si lo prefiere XDDD)

Saludos

BocaDePez
BocaDePez

eu cando vexo un post en inglés, catalán, euskera, etc, non se me ocorre postear: "paso de ler isto, que non o entendo ben", simplemente ou ben non posteo ou ben paso de postear. É o lóxico.

O autor do post escolleu o galego como lingua de comunicación, e non vos preocupedes: el ben sabe a quen chega, ou o que é o mesmo, chega a quen quere chegar.

E xa non sigo, que se sigo ídesme dicir que non se entende e que "qué mágoa que escriba en galego e toda esa merdallada".

fervigo

Cada uno cuando escribe, ya sabe a quien va a llegar y a quien no. El tema idiomas está ya machacadisimo. Si ha decidido escibir en gallego, pues lo ha elegido, con sus pros y sus contras; no hace falta que nadie se los descubra.

Cierro por offtopic. Y como siempre, si alguien le parece que no se debe permitir escribir en gallego, que no digo que sea tu caso, Comunidad. Este no es el sitio.

Por cierto majara, en un foro donde la aplastante mayoría de los que participamos entiendemos perfectamente el gallego, no tiene sentido esgrimir que esté escrito en gallego como motivo de que esté sin comentar dicho hilo. Y ni siquiera es el primero escrito en gallego que sí se ha comentado. Que alguno que otro pase por ese motivo, sí; que el resto también, no.

BocaDePez
BocaDePez

Bueno pues como están todos baneados, pues yo también me apunto.

Hay que carallo ..... :P :D

🗨️ 2
BocaDePez
BocaDePez

1+

fervigo

Gracias, a ambos, por no respetar el cierre de la otra rama. Los próximos mensajes del estilo, van directamente a la basura.