Telefónica, Jazztel, Vodafone, ONO... ¿e R, onde anda?
Cable, ONO
Ono baja 10 € el precio de los 12 megas y aumenta el upload a 1 Mb
ADSL, Telefónica
Telefónica desencadenará una mejora generalizada de la velocidad del ADSL…
Telefónica aumentará la velocidad de subida: ADSL 6 Mb tendrá 640 Kb y 10 Mb tendrán 800 Kb…
ADSL, Vodafone, Tele2, Comunitel
Arranca la duplicación de velocidad de subida del ADSL de Vodafone: 1024 Kbps de upload…
Jazztel
Jazztel iguala las ofertas de precios de Telefónica.
¿E R, onde está? ¿Vai a aumentar a velocidade o upstream, vai baixar o prezo?
novas velocidades de internet en 2010
Como cada ano, en R traballamos para ofrecerche un servizo de acceso a internet máis rápido e completo. E queremos manter a confianza que puxeches en nós mellorando a túa conexión. Por iso, xa podes consultar aquí o aumento da velocidade do teu acceso a internet que imos desenvolver ao longo de 2010
Web de clientes, onde se consultan os cambios de velocidade
( velocidades internet 2010 )
A tan propagada necesidade de aumentar o upstream … Non é tal ...!! Anunciábana en 2009 xustificando as subas no recibo!! E se todo vai ben rematarana a finais do 2011...
12 Mbps a 15/1,5 Mbps
6 Mbps/300 Kbps a 10/1 Mbps
3 Mbps e 2 Mbps a 6 Mbps/600 Kbps as de 1 Mbps desaparecen.
quecheparece.blogs-r.com/weblog/ver-post … _velocidades
Hoxe: unha conexión 12M/600k con cuota de liña son 55 €/mes + IVE.
¿Ten sentido que unhas conexións que se comezan a comercializar a finais de 2009 acaben implantándose a tódolos clientes da rede, dous anos despois?, como pode ser posible?, a suba de prezos? Isto si que non ten tanto marxe de tempo, decídese o 20 de decembro de cada ano, e empezase aplicar, algúns subiulle o prezo, un 40%, sí, sí un 40 % … sorte eu non tiven aumento no prezo.
Se vos dades conta, o problema de R é máis que evidente, é un absoluto fracaso, de infraestrutura e demais, non é escusa, nin pode servir para xustificar ese dato tan desastroso:
Como fun dicindo en varios comentarios, este ano o proceso levaría bastante máis que noutas ocasións porque tocamos en moitas conexións a descarga e tamén a subida, que é un parámetro máis complicado.
Leva máis tempo porque hai que facer máis traballos en cada nodo e será un traballo por fases. A algúns tocaralles no cuarto trimestre do ano, a outro no terceiro e outro moitos terán a sorte de ter xa a nova velocidade en abril.
enviado por quecheparece o 02 febreiro 2010 ás 10:00 AM CET
Sitio web:: blog.mundo-r.com/gl #
… leva algo máis porque o upstream ten máis "miga". Como xa dixen, intentaremos mellorar os prazos, aínda que quixemos ser prudentes nos prazos. Sabemos que é unha carallada para os que non teñan a nova velocidade para o 2011, pero o proceso ten que ser por zonas e os nosos recursos son limitados en canto a persoal. Iso si, como moito só o 10%/15% dos clientes terán as novas velocidades no 2011.
enviado por quecheparece o 08 febreiro 2010 ás 09:48 AM CET
Sitio web:: blog.mundo-r.com/gl #
Si en so 10 anos de vida R teñen tantos problemas, teñen que tocar tantas conexións, isto o que demostra é unha falta de previsión total e absoluta… ¿non?
E para qué a anuncian un aumento de velocidade, con ano e medio de adianto?
Las fechas no se van a rectificar porque subir la descarga y la subida es un trabajo complicado, repito. Isto non é darlle a un botón e listo. Se a vós vos mandan anchear o cauce dun río para aumentar o caudal de auga, leva o seu tempo. Pero se vos mandan aumentar o caudal de dous ríos, levará o dobre de tempo.
enviado por quecheparece o 02 febreiro 2010 ás 04:37 PM CET
Sitio web:: blog.mundo-r.com/gl #
E logo presumen das conexións de 30 e 100 Mbps, saír nos medios de comunicación está moi ben, pero para cándo 100 Mbps para todos? Se todos pediramos 30/100 Mbps, que terían que facer co caudal … CAMBIACHE O CONTO … e agora a esperar 14 meses a que me suban a velocidade!!! Coa cantidade de cables que temos baixo a mar no mundo!!!
Dadas as datas este ano tampouco teremos suba ... de velocidade, de prezos … síííííí, como non?
Espero que co tempo que van a necesitar facendo os aumentos de velocidade, deixen a rede niquelada e lista para os próximos 20 ou 25 años, cando menos … xa postos a mellorar …
Cando empezou R, parecía que ía comer o mercado, polo prezo e capacidade de innovación, pero isto foi un sono e, houbo unha boa campaña de captación de clientes e unha vez conseguido o obxectivo parece que xa non necesitan nada máis. Para que máis si tal como está a economía teñen beneficios. E se todo sigue así xa traspasamos a outra empresa, e coas ganancias xa imos ven. E seguimos a escoitar o da fibra óptica como algo maxistral, pero sempre andamos o rebufo de Telefónica e outras compañías que alugan a Telefónica o seu cutre par de cobre. Non estarán a pactar as subas de velocidade entre compañías, como fan coas gasolinas?
O problema principal é a perda de mercado fronte ao ADSL. Moita xente vaise do cable o ADSL, por unha razón moi sinxela, velocidade e prezo. Tanto cable tanta fibra óptica, e o final, ¿para qué?. As cableiras fai uns anos reconvertéronse nunha especie de alternativas o ADSL, pero con fibra óptica, a pesar de ser cable, as velocidades, tanto download como upload, son patéticas, con especial atención al upload, ademais de ter uns prezos moi elevados. Por tanto, nós, os consumidores nestes últimos anos acosados pola crises económica, decidimos buscar solucións máis económicas (ADSL) e por riba atopámonos que o tan maldito par de cobre ofrécenos máis download e incluso moito máis upload ...
O que pasa coas cableiras en España non ocorre en Europa. O caso español é único, e significativo, do engano e da decepción o que conduce a ser unha conexión marxinal, fronte as compañías multinacionais.
Ben, pois nada, a ver si alguén de R pasa polo foro e nos fala das bondades do cable da fibra óptica da incorporación dalgunha TV na súa grella Dixital... E, se falamos de TV? (outro día falaremos da Televisión). Eu non podo opinar sobre este tema xa que teño TV sen cuotas e agradecese que poñan canles gratuítos de cando en vez, e cantos mais mellor, pero de Internet, de upload e de prezos, mellor non falamos, ¿verdade?.
Agora resulta:
a razón de que non se faga o aumento en todos os sitios ao mesmo tempo é porque se require facer un traballo físico en cada nodo. Temos que retirar equipos, poñer novos equipos, recablear os nodos e redimensionar os chasis. É un proceso lento, que se fai a nivel manual e por localidades.
O mellor:
… pero saiba que fronte a outros operadores que só aumentan o upstream, en R tamén aumentamos a descarga. Así, aínda que tardemos un pouco máis, cando remate o proceso pasará de ter 12 Mbps/600 Kbps a ter 15/1,5 Mbps, é dicir, un 25% máis de descarga e un 150% máis de subida.
E teremos que dar as grazas!!
Con este cachondeo as subidas xa non son subidas, os trimestres xa non son trimestres, as promesas non son tales, a publicidade mesturase coa realidade, … así é como se cabrea un cliente e como se tira pola borda a reputación dunha empresa ….
Como se rin de nos... xDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDD
Isto é Galicia. Isto é a fibra óptica. Isto é R.
Saúdos