BandaAncha.eu

Comunidad de usuarios
de fibra, móvil y ADSL

Fijo

A televisión dixital a volta da esquina...

BocaDePez
BocaDePez

A televisión dixital en Galicia está a volta da esquina despois do apagamento en Abril 2010, nun Consello da Xunta de 2005 aprobábase o decreto que regula seu réxime xurídico, requisitos, trámites e obrigacións. Entre outras cosas, aos canles, tanto a nivel autonómico como local, que emitan baixo este sistema esíxeselles que o 60% da súa programación ten que ser de produción propia. Ademais, os canles teñen que utilizar o galego en, aló menos, no 50% da súa programación. Con esta filosofía pretendese "a promoción da identidade e valores culturais de Galicia, así como o fomento da súa produción audiovisual".

Según o decreto firmado o 15 Abril, 2005 poderanse sintonizar catro cadeas de televisión dixital, dúas públicas TVG e TVG2 xestionadas directamente pola comunidade autónoma, e outros tantos privados, xestionados mediante concesión administrativa, Popular TV Galicia (que coa desculpa das probas, non cumpre con ningún dos requisitos, sendo unha sucursal da Popular TV estatal) e V televisión (emitindo en probas, a súa carta de axuste en toda Galiza).

Concellos

En cuanto aos canles locais, crearanse un total de 84 televisións, das que 21 serán públicas e 63 privadas. No que respecta as municipais, cada unha das 21 demarcacións nas que se dividiu Galicia terá unha televisión de xestión local. Así, a provincia de A coruña disporán dunha emisora as demarcacións de Ribeira, Santiago, Vimianzo e As Pontes; en Lugo, aparte da capital, Chantada, Monforte, Vilalba e Viveiro; en Ourense, O Barco, Carballiño, a cabeceira provincial e Verín, e en Pontevedra, Lalín, Ponteareas, Vigo, Vilagarcía e a propia Pontevedra (algunhas xa en funcionamento).

Cada unha das 21 demarcacións dispón dun multiplex de frecuencias, con capacidade para catro programas de televisión, un reservado a pública municipal e tres para empresas privadas.

A última fase do apagamento analóxico terrestre, acendido dixital en Galicia:

- Venres, 2 de abril

Lugo: municipios restantes da provincia.

Pontevedra: Campo Lameiro, Cerdedo, Domaio, A Guarda, Lavadores, Mondariz, Nigrán, Pazos de Borbén, Pontevedra, Puebla, Redondela, Tomiño, Tui y Xesteiras.

Este tema está cerrado a nuevas respuestas. Abre un nuevo tema para retomar la conversación.