Deixate de intentar darlle a volta a filloa...
Moziño, de onde non hai non se pode sacar. Mellor te pos a traballar en cimentar mellor a tua empresa, e deixas de da-la tua opinión en foros de usuarios, cando ti non o es, e inda por riba vese claramente que formas parte do engranaxe.
O de darme de baixa, xa o teño decidido, pero antes vouvos marear un pouquiño, non sei si me explico. E que che son una persoa un pouco vingativa, e cando queren facerme parvo, ainda me torno máis perigoso.
Creo que o dia de onte vaise convertir nun punto de inflexión no soporte técnico da vosa empresiña.
Existen moitas, moitisimas maneiras de marear a un ISP e os seus traballadores, e de facerlles perde-lo tempo e mailo diñeiro, ata que chega o momento en que te chaman ou envian unha cartiña a casa dicindo que rescinden (eles mesmos, sin que ti teñas que chamar e abrir un proceso de baixa) unilateralmente o contrato de servicios, que xa non es máis cliente porque non e posible darche un servicio con garantia (por que non es rentable, en resumidas contas). Máis claro non podo ser.
A baixa, si home, pero o preceso vouno dirixir e xestionar eu, non vos.
Saudos, e ata dentro de pouco... pouquiño.
Ves, si estiveses caladiño, e non andiveses a mete-la zarpa onde non te chaman, a xente acabaría calando, os fios do foro conxelarianse, e todo volvería a normalidade. As tuas defensas non fan máis que enriquece-lo noso caldo de vinganza e de desexo de cortar cabezas. Pero non, ainda por riba sodes facendosos e "milhomes"... Achantade logo cos frutos.