:-( Hoxe xa van 2 veces que teño que chamar por que non teño conexión, aínda por riba trátanme de idiota porque me din que era un problema que se solucionaba só con desenchufar o modem, MENTIRA, desenchufeino un montón de veces, apagueino, reinicie o PC, e seguía sen funcionar, esto xa e un vacile, e a teleoperadora so lle faltou chamarme inútil, aparte de ser unha mal educada no ton e nas formas, como se a culpa de que non funcionase fose miña, incluso se atreveu a insinuarme que lle estaba mentindo cando lle dixen que desenchufara o modem varias veces.
o mais curioso e que en canto me descolgaron o teléfono nin me preguntaron quen era, directamente me soltaron "pepito pérez pérez" O_O
R mal a conexión, (o venres as 10 da noite non pasaba de 120 kbps combo 3 na Gran Vía de Vigo), e peor o servicio técnico.
eu algún enfado xa tivera con eles por caída da conexión, pero hoxe puxéronme de verdadeira mala os; con moita educación xa lles dixen que como sigan así van moi moi mal.
creo que esta xente precisa unha fuxida masiva de clientes para espabilar.
Desculpas polo ton da miña mensaxe, pero necesitaba desafogar.