R, a compañía galega de cable interporá denuncias contra usuarios de descodificadores pirata de televisión por delitos de estafa, defraudación das comunicacións e contra a propiedade intelectual.
Estas denuncias suporán o inicio, por primeira vez en Galicia, de procedementos penais xeneralizados contra usuarios por utilizar técnicas fraudulentas para descodificar o sinal e beneficiarse do servizo de televisión multicanle de R sen pagar polo mesmo.
A compañía tamén incide no feito de que no mes de outubro entrará en vigor o novo Código Penal, que amosa como delito tipificado a posesión de dispositivos manipulados para piratear o sinal da televisión, independentemente do seu uso, podendo chegar a sancións de entre 6 meses e 4 anos de cadea, así como multas de contías elevadas.
JAKERCRAKER@
R interporá denuncias contra usuarios de descodificadores pirata de televisión por delitos de estafa, defraudación das comunicacións e contra a propiedade intelectual.
Estas denuncias suporán, por vez primeira, o inicio en Galicia de procedementos penais xeneralizados contra usuarios por utilizar técnicas fraudulentas para descodificar o sinal e beneficiarse do servizo de televisión multicanal de R sen pagar por iso.
Ata o momento descubríronse casos nas catro provincias galegas e está previsto identificar a todos os usuarios para documentar e interpoñer as denuncias.
cambios no Código Penal e sistema de alarmas
En outubro entra en vigor unha modificación do Código Penal que considera delicto a simple posesión dalgún destes aparellos manipulados, independentemente de que se fixese uso ou non deles e tamén amplía o número de condutas consideradas delito en materia de defraudación das comunicacións e da propiedade intelectual. En conxunto, as penas por estes delictos poden ir dos 6 meses ós 4 anos de cárcere e multas de contías elevadas.
Dende hai meses R traballa cunha nova ferramenta de xestión integrada de alarmas que afianza a seguridade dos procesos e introduce sistemas de supervisión remota dos equipos dos seus clientes para asegurar a calidade do servizo.
Con este novo sistema, pero sobre todo e grazas á bidireccionalidade das novas redes de cable de fibra óptica pódense detectar todos e cada un dos domicilios dende onde se está a piratear o sinal, xa que a diferenza do satélite –un sistema deseñado para unha comunicación só no sentido satélite a usuario- os equipos do cliente están en todo momento sendo supervisados polo centro de control de R.
Ademais, nos casos de pirateo de descodificadores de televisión por satélite resultaba imposible determinar a situación exacta dos terminais manipulados, ó non estar “enganchados” a unha rede física como a do cable.
servizo de calidade e outros casos
Estas medidas non só responden á loita contra a delincuencia organizada e a piratería audiovisual senón tamén á protección dos consumidores para lles garantir un servizo de calidade, xa que as prácticas fraudulentas poden danar os equipos dos clientes e mesmo nalgúns casos obstaculizar o funcionamento adecuado dalgún equipo da rede de fibra óptica e do resto de usuarios.
O inverno pasado R denunciou a un fabricante e a varios distribuidores de aparellos piratas de televisión. Nestes momentos varias persoas continúan imputadas e os procesos xudiciais de ditos casos seguen abertos. Coincidindo con aqueles produciuse, ademais, a primeira condena en España a un cliente de televisión por cable por posuír un dispositivo electrónico pirata que lle permitía ver todas as canles de televisión do operador Ono de forma gratuíta.
COPIADO DE CODIGO CERO ( que a sua vez copiou de www.mundo-r.com)