A partir de Setembro comeza unha nova fase na Televisión Digital Térreste (TDT), co lanzamento de catro novos múltiplex (1 publico TVE e 3 privados).
Xuntarémonos con cerca de 32 canles nacionais máis 8 canles de cada comunidade autónoma (en Galiza de momento 4) máis 4 canles locais. Pronto un total de case 44 canles emitindo pola TDT.
¿Temos tempo para ver tantos canles? Non, sería mellor reducir o número de canles e por máis contidos de calidade, canles en HD, excepto os canles teletenda, as cadeas de televisión non se enteran do que realmente queremos os cidadáns, so lles interesa a publicidade, eu particularmente so vexo, 24h ou CNN+ algunha vez no dia, algunha que outra película na cadea que sexa, inda que case sempre atopada por casualidade xa que a maioría das cadeas no anuncian as películas, e logo teledeporte excepcionalmente, o resto, neox, nova, fdf, veo, Intereconomia etc, non as vemos ninguén, sómente facendo zapping cando estamos aburridos, estamos fartos de ver a Belen Esteban e seus eruditos colegas repetindo o mesmo na cadea principal e nas cadeas secundarias, telebasura, o que queremos é calidade, Alta Definicion e Dolby Digital polo menos un canle por grupo, como TVE-HD, van a perder moitos clientes, unha vez que se ve a tele en HD xa se fai incomodo ver a normal. Habería que non dar tantas licencias de canles en calidade normal e obrigar a que cada cadea tivese polo menos un en HD…
A TDT estalle facendo moito dano as cableiras e máis a R, xa que estas ofrecen pouco máis pagando bastante máis. Son moitos canles pero o cine esta perdendo adeptos, pérdense na salas e pérdense na televisión de pago a cambio das series FOX, Paramount Comedy etc., os documentais un de cando en vez, e para de contar… o que si sigue en alza, e cada vez máis é o fútbol, e para iso merece a pena pagar para ter acceso o PPV...
Que lles queda as cableras, pois iso, calidade nos contidos e calidade na imaxe e son, neste senso vemos como Digital+ esta a readaptar toda a súa oferta cara a HD, e hoxe por hoxe é o único distribuidor de contidos a toda empresa que pretenda o comercio de TV, única maneira ao meu entender, de facer fronte a telebasura e televisión de consumo de masas… pero en R xa teñen bastante con saber de quen dependen como para pensar nos clientes…
Saúdos