Próximamente apagarán los canales analógicos y cambiará de frecuencia algunos canales locales de la señal dvb-t. Así si alguien tiene a los abuelos sin TDT le tocará comprárselo.
Se ves a tele de R sen desco, tes que resintonizar canles
10/10/2016
Ola. Como sabes, pola nosa rede caben moitos servizos, pois transmitimos a un tempo os sinais de internet, televisión e telefonía. O caso é que imos facer uns cambios para deixala preparada para o futuro, é dicir, para podervos seguir ofrecendo mellores conexións e con máis calidade.
Que implican estes cambios? Pois que temos que mover algunhas canles de televisión de sitio, porque precisamos usar determinadas frecuencias para internet e se ves aínda as canles en analóxico, estas van desaparecer. Ollo, que isto só te afecta no caso de que vexas a televisión R sen necesidade de ningún desco. É dicir, se tes un desco de R, as canles valas ter no mesmo sitio de sempre.
Analóxico
No caso de que teñas unha tele antiga de tubo sen sintonizador TDT, como dicimos arriba, deixarás de ver as canles analóxicas.
De seguro que lembras que en España se fixo o apagamento analóxico hai moito tempo, pero nós mantivemos igualmente en aberto algunhas canles en analóxico. Agora toda dicir adeus ao pasado para seguir mirando ao futuro. Polo que iremos apagando progresivamente estas canles. Lembra, iso si, que cun desco TDT ou cunha tele nova poderás seguir desfrutando do servizo sen maior problema. E pensa que dentro de non moito xa está aí o 4K.
O apagamento analóxico será gradual, por zonas, segundo este calendario que comeza este mes de outubro:
- Lugo: semana do 10 de outubro.
- A Coruña e Santiago: semana do 24 de outubro.
- Vigo: semana do 7 de novembro.
- Ourense: semana do 21 de novembro.
Dixital
> TDT
Se ves a televisión a través dun televisor novo ou cun desco TDT, terás que resintonizar as canles locais, que estarán na frecuencia de 586 MHz. O resto de canles non van cambiar de sitio.
Decontado indicámosche a data do cambio de frecuencias por cidade e tamén as canles afectadas, que se inicia a finais de outubro:
- Santiago: semana do 31 de outubro.
Afectaralle a Correo TV, Santiago TV e Radio Obradoiro.
- Vigo: semana do 7 de novembro.
Cambian de frecuencia Localia Vigo e a Cadena SER Vigo.
- Ourense: semana do 21 de novembro.
Hai que resintonizar Localia Auria TV e Telemiño.
- Lugo: semana do 28 de novembro.
Cambia de frecuencia Telelugo.
> DVB-C
Seguramente te preguntas que é iso do DVB-C. Pois non é outra cousa que o estándar de televisión por cable. O DVB-T é o estándar da televisión polo aire, tamén chamada televisión terrestre ou TDT, mentres que o DVB-C é o do cable (o que estándar que usamos para o noso desco).
Hai clientes que teñen un televisor que conta tamén cun sintonizador DVB-C e ven en aberto as canles xeralistas que ofrecemos, ademais doutras como as autonómicas e algunha internacional.
Se é o teu caso, a partir da semana do 7 de novembro terás que resintonizar Cuatro, Telecinco, Divinity, FDF e esRadio. A nova frecuencia na que van estar é a de 434 MHz.
Aquí non hai un calendario por cidades, senón que se aplicará en toda Galicia ao mesmo tempo.
Con isto xa che contamos todos os escenarios posibles pero, con calquera dúbida, por aquí andamos
Un saúdo.
Fuente BlogR