Desde hai aproximadamente unha semana notei unha grande caida da calidade da conexión do cable 300/75.
Programas coma o emule ou dc++ de baixar a 30 k/s pasan a case non funcionar, tendo a subida uns picos de 0 ao máximo e volta a caer a 0.
Chamo a R e fan unhas probas e me din que pola súa parte todo funciona correctamente, e que seguramente sexa problema do meu ordenador (hardware ou software) cando eu non modifiquei nada nos dias que comezou o problema.
Curiosamente uns dias máis tarde pasa pola miña casa un comercial e lle comento o tema, e vai o tipo e me di que pola miña zona xa recibiu máis queixas, pero que seguramente fose un problema alleo a R, botándolle as culpas a unhas obras dun parking cercano! (mimadriña).
Por se alguén anda no mesmo caso, dicir que vivo no ensanche de Santiago e uso Windows XP.
Polo que antes comentei descarto ao 100% que o problema sexa meu, e co convencemento que lles vexo aos de R paréceme que a solución non anda próxima.
Agradeceríavos que me comentárades algo se vos vistes na mesma situación ou algún consello de como actuar neste caso.
Graciñas.