Fonte: Código Cero.
R, o operador galego de comunicacións por fibra óptica, pon en marcha xogos.mundo-R.com, a súa canle de xogos en rede, especificamente deseñada para a internet de alta velocidade. Os clientes de R que acceden a internet a través de cablemódem, que navegan a velocidades de ata 300 kbps, teñen á súa disposición totalmente gratis trinta servidores de xogos.
Os usuarios rexistrados xogan entre si de forma remota, a través dun servidor que emprega internet para intercomunicar ós xogadores, de xeito que poden participar en tempo real nunha mesma competición independentemente do lugar xeográfico no que se atopan. Neste sentido, os clientes de cable poderán sacar o máximo partido á plataforma, xa que a conexión a internet por fibra óptica é a que rexistra menor tempo de retardo na comunicación entre o usuario e o servidor de xogos.
(link roto)