Amigos:
Como xa se comentou por aquí, estamos preparando unha campaña para chamar a atención de R sobre o seu servicio, para que melloren unha serie de cousas que consideramos deficientes, polo que proponos o seguinte:
* Aumento da velocidade de upload para os usuarios de conexións de 300 kbps a 150 kbps (fronte os 75 kbps da actualidade)
* Ampliación do horario residencial para os usuarios de alta velocidade nos combos 1 e 2, extendéndose ó horario do que dispoñen nas tarifas planas telefónicas de outros operadores, i. e., de 18:00 horas a 8:00 horas de luns a venres e as 24 horas na fin de semana.
* Opción dunha segunda IP para permitir a compartición de varios equipos da conexión mediante rede local (sen necesidade de instalar un proxy ou adquirir un router)
* Posibilidade de ter unha dirección IP fixa
* Posibilidade de apertura de portos por debaixo do 1024 (non lle atopamos sentido ó sistema actual)
* Opción router para os usuarios domésticos de Internet de alta velocidade
* Posibilidade de compra do cablemódem (descontando os alugueres pagados do seu prezo)
* Mellora dos servicios de televisión (¿dixitalización do sinal?)
* Posibilidade de compra do decodificador de televisión (descontando os alugueres pagados do seu prezo)
Se considerades que esta petición é xusta, agradeceriamos o voso apoio firmando en codigocero.com/firmas/. Gracias a todos.