Espero que no os moleste esta noticia, pero creo que es del interés de mucha gente en este foro…
Numerosos empresarios, xornalistas e usuarios acudiron á presentación en Santiago do Windows XP en galego
“_Microsoft fala galego_”. Esa foi a frase coa que os técnicos da multinacional en España abriron a presentación do Windows XP na nosa lingua, en compañía do presidente da Xunta, Manuel Fraga e de Celso Currás, conselleiro de Educación.
No acto, que se levou a cabo na sede da Administración autonómica en San Caetano, deuse cita unha auténtica multitude: políticos, empresarios do sector das tecnoloxías, estudantes, xornalistas e usuarios en xeral (en realidade ninguén agardaba tal afluencia de xente, moitos dos cales, curiosamente, non eran galegofalantes).
Ás 11.00 horas presentouse o obxecto de tanta expectación: o coñecido sistema operativo XP en galego, froito do acordo de colaboración que Microsoft estableceu hai agora once meses coa Xunta de Galicia (Dirección Xeral de Política Lingüística).
Na tradución deste programa, que se completará en breve coa do interface do usuario de Office 2003 (despois do verán), tomou unha parte activa Imaxin Software, contándose ademais cunha estreita cooperación da Real Academia Galega, do Instituto da Lingua e de Termigal.
Ó acto acudiu un dos persoeiros das novas tecnoloxías que máis visita Galicia ultimamente (e anunciou a Código Cero que volverá en breve, aínda que preferiu manter oculto o motivo): Rosa García, conselleira delegada de Microsoft Ibérica, quen, logo de dirixirse ós presentes en galego, incidiu no que considera unha boa nova para a súa empresa e para o noso país: “O Windows en galego facilitará o acceso de moitos galegofalantes ás tecnoloxías da información, á vez que impulsará o desenvolvemento da industria informática local e abrirá un bo número de oportunidades a empresas relacionadas coa industria do software en Galicia”.
Para rematar, fixo entrega do código de Windows en galego (en sinal de agradecemento e total colaboración), ó presidente da Xunta, Manuel Fraga, quen á súa vez falou da importancia da tecnoloxía na nosa sociedade: “A colaboración con Microsoft redundará nun beneficio para a nosa lingua e para a nosa sociedade. A nosa lingua milenaria poderá seguir sendo vehículo da nosa historia e do noso porvir”, manifestou.
No acto tamén se aproveitou para agasallar a tódolos presentes co novo corrector (2.mil3) de galego para o paquete Office 2000, Office XP e Office 2003, ferramenta que inclúe as últimas actualizacións da normativa galega e que pode ser descargada da web da Consellería de Educación. Este corrector, que é operativo en Word, PowerPoint ou Excel, vai estar presente na nova versión do Office en galego que se fará público máis adiante.
Respecto á posibilidade de actualizar ó galego o Windows XP, convén dicir que os usuarios que teñan licenza legal xa poden facelo de balde dende microsoft.com/es-es.
Salientar que foito da colaboración da Xunta de Galicia e Microsoft o novo vocabulario de galego integrado por máis de 22 millóns de palabras e o paquete Office foron desenvolvidos de xeito gratuíto pola multinacional sen que supoña ningún custe para a administración galega.
FUENTE: codigocero.com/nova.php?ID=2827
AMPLIACIÓN:
Xa se pode descargar a ferramenta de corrección ortográfica de galego do Office adaptada á normativa vixenteNa presentación da actualización do Windows XP ó galego tamén se presentou o corrector (2.mil3) de galego para o paquete Office 2000, Office XP e
Office 2003, ferramenta que inclúe as últimas actualizacións da
normativa galega (aprobadas pola Real Academia Galega en 2003) e que se pode descargar da páxina web de Imaxin en dúas versións: para Office 2003 e XP (só ocupa 1,44 Mb) ou para Office 2000.
Este corrector, que é operativo en Word, PowerPoint ou
Excel, vai estar presente na nova versión do Office en galego que se
fará público máis adiante.