Hola amigos aqui os dejo el mail que R me ha mandado en respuesta a mi pregunta del futuro de la television digital de R,juzgar los cambios vosotros mismos,salu2.
A grella da televisión dixital multicanle de R vaise ver modificada o vindeiro 1 de xullo de 2008. En primeiro lugar incorporaremos a nova canle Disney Cinemagic, coas películas de Pixar, as películas clásicas de Disney, etc. Tamén Disney Cinemagic, a nova canle premium de Disney, contará cunha canle Disney Cinemagic +1 co obxectivo de que non perda ningún dos contidos de Disney Cinemagic. Por outra banda, se a vostede lle gusta o cine, de seguro que lle interesa outra das canles que imos incorporar, TCM Clásico, que lle ofrece os filmes que xa tiña que ter visto da época dourada de Hollywood e dos grandes clásicos do cine mundial anterior a 1965. O seu catálogo inclúe 5.000 títulos procedentes dos fondos de Warner Bros. e de Metro Goldwyn Mayer. E se é dos que prefire as series, a televisión dixital de R tamén incluirá TNT, unha canle que se convertiu nunha das máis vistas nos Estados Unidos. Emite as mellores series, as longametraxes de máis éxito, as propostas máis orixinais e "Adult Swim", un espazo de animación para adultos. Ademais, os nosos clientes de televisión multicanle xa contan dende hai tempo con canles que se emiten exclusivamente en dixital, como Somos, Dark/18, Eurosport 2, Motors TV, ESPN Classic Sports, Kidsco, Boomerang, People+Arts, Buzz, The Biography Channel, Natura, Docu TVE, VH1 Classic, MTV 2 e moitas outras.