a tele de R segue a crecer
Este mes vimos con noticias moi interesantes, porque en xullo incorporamos varias canles á nosa grella de programación. Por enriba de todas elas destacamos FOX Crime, a nova aposta de FOX, que poderedes ver no dial 19 do voso comboR ou combo2.
FOX Crime é unha canle de series e filmes especializada no xénero policial, de investigación e de acción. Contará con estreas de series como Sons of Anarchy, un dos últimos grandes éxitos nos Estados Unidos, ou Los Impostores (dos autores do filme Nueve Reinas e con Leonardo Sbaraglia como protagonista). Outras grandes producións televisivas que se poderán seguir son Dexter, 24 ou as franquicias de CSI: Las Vegas, Miami e New York. E para aqueles que botan de menos outras series que marcaron un antes e un despois na pequena pantalla, tampouco faltarán as míticas Los Soprano e Expediente X, clásicos como Remington Steele e Miami Vice e ciclos como o de Perry Mason.
Pero esta non vai ser a nosa única novidade, xa que ofreceremos unha nova canle autonómica: Extremadura TV (dial 91). Deste xeito, ampliamos a nosa oferta de canles de diferentes rexións de España, para que poidamos saber o que pasa en toda a Península dende diferentes realidades e puntos de vista.
E para aqueles que nos pedían máis canles internacionais, teremos CCTV-E (dial 209), unha canle chinesa con programación en español que nos permitirá saber máis sobre o xigante asiático a través de noticieiros, programas de cultura, negocios, cociña, telenovelas, deportes, viaxes... Por último, tamén incorporamos Russia Today en español (dial 208), onde a información, as entrevistas e as reportaxes en profundidade son a columna vertebral dunha canle que busca achegarnos aos últimos acontecementos mundiais dende unha perspectiva rusa.
Como vedes trátase de catro canles moi interesantes, que nos obrigan a facer unha serie de pequenos axustes nos diais para agrupar mellor a nosa grella a nivel temático. Así, a partir de agora, Antena3 Neox ocupará o dial 82, mentres que TV3 Cat estará no dial 88 e Destino Galicia no dial 92.
Tampouco nos esquecemos dos nosos clientes de combo3 e combo1 porque durante o verán e ata setembro, os máis novos da casa poderán gozar da canle Nickelodeon, que substitúe a The Biography Channel como canle en aberto.
E para redondear este verán, como sabemos que hai máis horas para desfrutar da televisión R, vimos de rebaixar as películas de Mirador cine a 1,5 €/película (1,62 € IVE incluído)... a metade do prezo normal! Aproveitade para espremer ao máximo o voso comboR ou combo2, que ben o merecedes.