MÁIS DE 500.000 ESTUDIANTES E PROFESORES DISPORÁN DE ACCESO GRATUITO A INTERNET NOS SEU FOGARES
Máis de 500.000 estudiantes e profesores de Galicia disfrutarán de conexión gratuita a internet nos seus fogares durante a vindeira lexislatura se o Partido Popular renova a confianza dos galegos, segundo anunciou hoxe en Lugo o candidato do PPdeG, Manuel Fraga.
Lugo, 13 de Xuño de 2005.-Fraga engade que “este novo paso que imos dar para o achegamento das novas tecnoloxías aos galegos permitirá a profesores e estudiantes de centros públicos e concertados de Galicia dispor dunha conexión gratuita a internet a través de banda ancha”.
O candidato do Partido Popular explicou que “a posta en marcha desta medida suporá un investimento de 25 millóns de euros”, ao tempo que adiantou que “xa temos contactado con diversos operadores de comunicacións, como Telefónica, R ou Comunitel”.
COMPLEMENTO DO XA FEITO
Este proxecto complementará, asegurou Fraga, “as accións postas en marcha durante a pasada lexislatura polas consellerías de Industria, Educación e Cultura, que dotaron de servicio de internet gratuito a todos os colexios e bibliotecas de Galicia”.
En concreto, o Goberno do Partido Popular investiu desde 1998 máis de 60 millóns de euros na informatización dos centros educativos. Neste momento, 28.000 profesores e 390.000 alumnos dispoñen de acceso gratuito a internet a través dos seus centros de ensino.
Ademais, todas as bibliotecas públicas municipais de Galicia disporán este ano de ordenadores con acceso gratuito a internet, “co que a Comunidade galega será a primeira de España en acadar este reto”, explicou Manuel Fraga. O investimento realizado para levar a cabo este proxecto supera os 3,6 millóns de euros.
Con todo elo, Galicia convertiuse, destacou o presidente do Partido Popular de Galicia, “nun referente nacional na utilización das novas tecnoloxías e da rede internet, tan necesario nunha rexión cunha poboación tan dispersa como a galega”.
Aun no tengo cobertura R asi que me dare de alta en la nueva oferta de ya.com adsl mas llamadas, e de esperar al lunes haber quien gana, ya que si gana el PP (dios no lo quiera) pongo que les pasen las facturas a ellos xD