Boas!
Hoxe, coma tódolos meses, estaba a baixar a factura da páxina de usuarios e, cando a estaba a "pasar" polo servizo factura.mundo-r.com/visorfacturae/, deume o seguinte erro: "A factura foi modificada despois de ser asinada. Non é válida."
Isto soe ocorrer? E, agora, que me vai tocar, facer a man o rollo este de poñer os certificados no Acrobat? Supoño que dará un erro equivalente facéndoo de xeito manual, así que se imos estar nas mesmas... Tiña pensado deixar pasar uns días para baixar a factura outra vez e volver tentalo pero, non sendo que a fagan outra vez, non creo que sirva de nada.
Supoño que non me quedará máis remedio ca chamar e que me envíen outra ou o que sexa. Tamén podían ter un pouco de coidado e mandar as cousas ben preparadas. E a ver a de Novembro se non vai andar co mesmo conto...