De nemigo, baneado por piezas a petición de tesnico e apoiado por savas ao 100%
Hola,
a pregunta que se estaba a facer no post anterior era de quen é o foro. Dita pregunta non foi respondida. Eu penso que é de todos non para que o moderador faga partidismos amosando unha bandeira de nunca máis e negando que outras persoas amosen a súa solidaridade no caso concreto cas víctimas do 11-M. As IP non son amosadas, non deben ser. E moito menos como represalia polos que protesten por ser recriminados con escusas como que iste non é o foro para isas cousas para a bandeira de nunca máis parece ser que si foi.
Tesnico amosa un exemplo case infantil de un restaurante vexetariano no que pidas un solomillo. Parece ser que segundo el o idioma galego ban a ser algo así. Se seas da galiza ou estás con persoas que non falan galego ou simplemente saeas á rúa e te cruzas cunha persoa que no fala galego e escoita a túa conversación tes que deixar de falar galego.
O venda de solomillos en restaurantes vexetarianos, tesnico, non está amparada pola constitución española. Impedir, prohibindo, o uso do galego vai contra a constitución española é delicto. Onde pon en BA que estea prohibido postear en galego e en base a qué normas fai iso?
Noutro foro un usuario dicía que BA estaba en santo tomé. E polo tanto alí non era a plicable a constitución española. Xa. A seginte pregunta é dende cando unha república bananeira condiciona a política linguistica da oitaba potencia económica do mundo? Pensa alguén que santo tomé ten algunha lei que "prrohiba" postear en galego e por extensión en catalá e eskera? Engado istas dúas últimas linguas porque se só prohibisen o galego sería aínda máis de risa.
Estou a falar do uso partidista dun foro e ata arbitrario. Tamén dicirlle ás persoas que están a leer iste foro que é sobre unha cableira galega. Que segundo a concesión administrativa que lle deron. Só pode operar na Galiza. Lembrar tamén que os post póñense como resposta a preguntas e polo tanto quen debe entendelos é para quen son respostas NON para terceiras persoas. Se os entente quen fixo a pregunta xa está. Isto paréceme evidente se alguén fala de bits e entra neste foro unha persoa que non sabe o que é un bit. Debémosllo explicar?
Postear IP como represalia non debería ser permitido a ninguén. Engadir tamén que postear dende onde se conecta alguén tampouco debería estar permitido, dentro de isas normas de BA que non sabemos onde están nen se deben ser cumplidas polos que din ser moderadores. Lembremos que hai persoas que se conectan dende o chollo e ás empresas iso non lles soe gustar.
saúdos