E-mail 04/12/03
Esta empresa e o colmo, non so non dan nada, se non que aínda por riba quitan.
Como se lles ocorra subir un so céntimo a factura en xaneiro, digo un só céntimo, vaime importar moi pouquiño gastar parte da miña paga extra de decembro na liña telefónica, e que viva o ADSL. boa oferta a de arsys, pero xa veremos porque hai bastante onde escoller...e eu que me preguntaba de onde viña o de R, pero se está clarísimo, atRacadores Roubacartos.
O das canles e un cachondeo, por min como se as quitan todas, son penosísimas, hai meses que na miña casa non se ve a tv por cable, nin sequera cando tiñamos o Combo R.
A velocidade de upload de internet e a risa en toda España, cando llo conto a xente non mo cree, e cando me preguntan o que pago o mes sóbenseme as cores...¿para cando o 150?.
O de configurar as contas de correo, o ftp, a páxina web, hai tempo que desistín, o login que r me proporcionou non existe, nin o usuario, nin nada... poden mete-la conta de correo...por onde mellor lles pareza, non a necesito.
Se chamo por unha incidencia trátanme de idiota, porque "solo le he desenchufado el modem y ya funciona, y no me diga que usted ya lo había hecho porque eso no es cierto, si no como es que ahora funciona" e tes que tragar, porque cada vez que chamo son mais desagradables; Cando teño unha incidencia ultimamente decido non chamar xustamente o que vostedes buscan ¿non?
Os clientes de R so nos falta que nos cuspan na cara.
Creo que vostedes o que precisan e unha fuxida en masa de clientes.
Estou chegando o límite da miña paciencia, espero que pronto se cree unha plataforma de usuarios para poñer denuncias conxuntas.
Pregunta sen premio ¿Que pensan que lle podo aconsellar a calquera persoa que este pensando en contratar R?
Saudos.
-------------------------------------------------------------------
Resposta de R 06/12/03, menuda mestura entre galego e castelán, aparte desto, o do 150 de upload, creo que podemos esperar sentados...
En resposta o seu mail, indicarlle que estos canles estiveron en promoción no combo 3 e combo1 dentro do servicio de antena aberto de televisión. Dita promoción rematou o pasado 30/11/2003.
Dende o 1/12/03, a RTPI e o canle Bloomberg en ingles, foron eliminados da programación e o canle Viaxar e exclusivo dos combos R e combo 2, dentro do servicio básico, xunto cos mellores canles temáticos de cine, documentais, deporte, música, infantils, ocio, ademais da posibilidade acceso o mejor cine de estrena e a Liga e Copa do Rei de fútbol, cos precios especiais para
os equipos galegos, en pago por visión.
Dentro do servicio en aberto disfrutaronse en
promoción, como paso previo hacia o servicio básico, canles como Viaxar, Canal Cocina, o Cosmopolitan. Ademais, durante os anos 2002 e 2003, incorporaronse a nosa oferta de televisión en aberto cadeas de televisión local e EHS como resposta as suxerencias dos nosos clientes e as enquisas de satisfacción do servicio.
Por outra banda, por menos do que a competencia
cobra polo teléfono fixo, R ofrecelle teléfono co contestador avanzado, chamadas gratis entre clientes (fai un ano a 50.000 destinos, e agora a mais de 110.000 supoñendo mais dun 8% de desconto na factura), aforros de ata o 40% nas chamadas a Galicia, e televisión sen antea.
Se quere cambiar de combo1 a combo2 ou de combo3 a
comboR durante o mes de nadal, pode disfrutar gratis de:
* aluguer do descodificador da televisión durante tres meses
* Disney channel, Playhouse Disney, Toon Disney y Disney channel+1 gratis durante un mes
Cinemanía, Cinemanía Azul, Cinemanía Rojo tamen gratis durante un mes.
Recordámoslle que pode dispoñer dunha conta de correo electrónico gratuita
se visita mensaxeria.mundo-r.com/mensaxeria/index_gl.html e se da de alta no servicio de
webmail de mundo-R.com
Ademáis poderá integrar outras contas de correo e dispoñer así dun punto único desde o que xestionar todo-los seu correos electrónicos, desde cualquier PC conectado a internet do mundo Agradecemos de todo-los xeitos o seu interesa na nosa empresa quedando a súa disposición neste mesmo buzón ou no teléfono gratuito 1445.
Un cordial saudo.
r-al-habla@mundo-r.net