".. Que si, que non estades a soñar, que SyFy vai estar en R o 8 de febreiro (dial 68, de forma provisional) para todos os clientes que teñan contratada a opción extra de TV. Sabiamos que era unha das vosas peticións de sempre, e como este 2011 vai ser o ano da televisión en R, quixemos comezar forte. Para os que non coñezades SyFy, é unha canle centrada na ciencia ficción e en universos imaxinarios: viaxes no tempo, superheroes e monstros, fantasía, mitoloxía, etc. Ten series como "Doctor Who", "Stargate", "La leyenda del buscador" ou "Eureka" e tamén emite filmes do tipo de "Van Helsing", "Terminator", "Mandíbulas asesinas" ou "Regreso al futuro". Vamos, contidos variadiños. "
"en marzo imos cambiar todo (máis ben case todo). Así que ide esquecendo que a Fox está no dial 10 ou que Gol TV está no dial 44. Como vos dixemos antes, este é o ano da televisión en R, así que temos que ir preparando a grella para todo o que se aveciña, e para iso é imprescindible reorganizar os diais. Xa vos iremos dando máis detalles. Pero vamos, a razón principal é que nos estamos comezando a preparar para a alta definición de R. "