ben, boa idea iso de compartir conexión, así é como se fan amigos e sempre é de agradecer que o que ten se acorde dos que non teñen 8-)
Non vai moito leín en BA o caso de un que quería compartir conexión consigo mesmo, a 30 Km :-P
Haber se nos podes concretar máis iso de compartir conexión, sería entre ordenadores na mesma vivenda-negocio ou entre veciños e sen embargo amigos ;-)
En canto ó cable modem propio sen alugar o de R (je,je) :-)
Benvido ó clube dos que non o sabemos. R ten uns 100 mil clientes entre empresas e particulares dos cales entre 20 ou 30 mil pode que teñan internet con cable modem, que se saiba non existe ningún cable modem conectado á rede de R que non estea en aluguer :-?
Agora ben, se o que quereres é mercar un e conectalo que saibas que legalmente pódelo facer. Como? Ah... non se sabe :-(
saúdos