Hola,
iste foro é tan válido como calquera outro para condenar unha infamia como foi o acontecido en madrid.
Dende iste foro tense ameazado e insultado a persoas sen que os seus presuntos moderadores nada fixeran para evita-lo.
Un de ises moderadores ten dito aquí que está prohibido postear en galego. Negando isto mesmo en C0.
Ise mismo moderador que di non ser iste o lugar para o acontecido en madrid ten unha bandeira de nunca máis no foro.
Isto todo ten un nome: hipocresía
Antes de xurdir internet e o cable onde pensa algún que se falaba de iso. Pensa acaso alguen que existia un foro sobre algo que non existe. De internet falabase en soporte papel sen que ninguén lles dixese que se fosen ás pantallas que por certo non existían. Suponse que de ideas e de falar xurden cousas novas.
202 mortos e máis de 1400 feridos algo que pesa en calquera sitio. Afecta a tódala sociedade, condiciona a vida e pasará a historia de iste país chamado españa.
É infame que a mesma persoa que fai campaña pro nunca máis diga que non hai sitio aquí para o 11-M. E que carallo ten a bandeira galega petroleada que non teña un lazo negro?
Equivocácheste tesnico cando deiaxaches que se utilizase este foro para insultar e ameazar, equivocácheste cando dicías que non se podía postear en galego... volves a errar e ises 202 asasinados e máis de 1400 feridos son cifras que non pasan sen máis
Pido que na portada do foro se poña un lazo negro en memoria de isas víctimas.
Nota para os co-moderadores iste foro non é teu nin meu, nen moito menos de tesnico é de tódolos que aquí posteamos. Viñemos cando nos deu a gana, marcharemos cando nos pete. Non cando vosoutros queirades
todos somos de madrid
saudos