Esa es una de las condiciones que te aparecen el contrato, por lo que al firmar te comprometes a ello.
4.2. Devolución de Equipos
O Cliente deberá devolver os Equipos propiedade de R no momento de solicitar a baixa do servizo para
o que fosen utilizados ou cando por calquera causa finalice a relación contractual entre as partes. Os
Equipos deberán ser entregados en calquera distribuidor indicado por R. Será de aplicación o disposto
na Condición Xeral 14.8. No entanto, o Cliente poderá solicitar que R recolla os devanditos equipos no
domicilio do Cliente. Nese caso o Cliente aboaralle a R a tarifa en vigor para este servizo, salvo que se
trate de equipos que formen parte da infraestrutura común de telecomunicacións do inmoble onde
estean instalados.
14.8. Baixas con devolución de equipos. En caso de baixa do servizo telefónico dispoñible ao público, o
Cliente está obrigado a devolver os equipos propiedade de R ao solicitar a baixa. Sen prexuízo de que se produza a baixa do servizo nos termos sinalados na Condición Xeral 14.2, R poderá seguir facturando os
importes correspondentes ao aluguer de equipos mentres estes non sexan devoltos a R.
No caso doutros servizos distintos ao servizo telefónico dispoñible ao público, a baixa entenderase
solicitada no momento mesmo de devolución dos equipos e farase efectiva, como máximo, no prazo de 2
días hábiles dende esa data. Non se poderá tramitar a baixa destes servizos se non se produce a
devolución previa ou coetánea dos equipos.